As fichas de inscrición poderán recollerse e entregarse presencialmente no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura Cervo, 9 de setembro, 2026. O Concello de Cervo abre este mércores, 9 de se... Ler máis
A alcaldesa e o concelleiro do Mar participaron este martes nunha saída a bordo do Virxe do Rocío para coñecer de primeira man unha experiencia que estará ao alcance do público a partir do p... Ler máis
O Concello acondicionou nos últimos días diferentes elementos do centro e o 14 de setembro porá en marcha os programas de conciliación Trabada, 9 de setembro de 2026. O colexio de Trabada in... Ler máis
Ribadeo, 9 de setembro de 2026. Ribadeo celebrará o III Encontro Día do Xubilado o 27 de setembro, segundo ven de anunciar a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra. A retirada das tarx... Ler máis
O servizo municipal de atención temperá, gratuíto e desenvolvido en colaboración coas ANPAS, facilita a conciliación das familias desde primeira hora da mañá Cervo, 8 de setembro, 2026. O Co... Ler máis
Ribadeo, 8 de setembro de 2026. Este martes rematan as festas patronais de Ribadeo. A vila rende homenaxe á súa patroa, Santa María do Campo. Pola mañá tivo lugar a recepción de autoridades... Ler máis
O programa municipal, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos, volveu combinar propostas educativas, deportivas e de lecer para facilitar a conciliación das familias durante as vacacións esc... Ler máis
A Mariña, 8 de setembro, 2026. O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia organiza o vindeiro xoves 10 de setembro ás 20:00 horas no Salón Multiusos do Concello de Viveiro un novo obrad... Ler máis
“Primeiro prometen investimentos, logo non os executan e, cando lles pedimos contas, respóndennos que o que aparece nos Orzamentos é simplemente estimativo” A Mariña, 8 de setembro de 2026.... Ler máis
Burela, 8 de setembro, 2026. A Igrexa parroquial de Burela acollerá este sábado 12 de setembro os actos conmemorativos do 25 aniversario da fundación da comunidade das Fillas do Divino Celo... Ler máis
Cervo, 7 de setembro, 2026. A Sala Cultural Xosé Vizoso, nas Carboeiras, acolleu este domingo a primeira edición do concurso “Sargadelos Peza a Peza”, organizado por Hai Larán coa colaboraci... Ler máis
O BNG volveu a a reunirse coa comunidade educativa burelá despois de meses de agardar por solucións que non chegan por parte da Xunta Burela, 7 de setembro, 2026. O deputado mariñao Daniel C... Ler máis
Foz, 7 de setembro, 2026. A recoñecida deseñadora de moda española Ágatha Ruiz de la Prada contactou coa perruqueira e maquilladora Kathy Navarro, que ten o seu salón de beleza BRIZ situado... Ler máis
O Valadouro, 7 de setembro, 2026. A Asociación Cultural Amado Lar O Valadouro pon en marcha o curso 2026–2027 e achega a información do inicio das súas actividades. Retómanse as clases de ba... Ler máis
Ribadeo, 7 de setembro de 2026. Os Cocos e os Cabezudos, acompañados do cuarteto tradicional Illa Pancha, percorreron esta mañá as rúas de Ribadeo. A vila vive os días grandes das súas festa... Ler máis
Cervo, 7 de setembro, 2026. A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Zona Rural, Adrián Arias, acompañados polo pedáneo da zona, Rubén Fernández, supervisaron o resultado dos... Ler máis
O prazo de inscrición permanece aberto ata o vindeiro 8 de setembro Viveiro, 7 de setembro de 2026. O Concello de Viveiro acolleu hoxe a presentación oficial da IV Xuntanza de Coches e Motos... Ler máis
A actividade, que se celebra por primeira vez no concello, combinará probas de escape room, enxeño e creatividade no entorno do Castelo de Castrodouro Alfoz, 7 de setembro, 2026. O Concello... Ler máis
Os populares lucenses lembran que o Senado xa aprobou unha iniciativa reclamando solucións para reforzar a seguridade na A-8 Lugo, 5 de setembro de 2026. Os senadores do Partido Popular pola... Ler máis
Concello e Deputación de Lugo mobilizan arredor de 800.000 euros para renovar progresivamente un dos principais complexos deportivos da vila Burela, 5 de setembro de 2026. O Concello de Bure... Ler máis
Foz, 5 de setembro de 2026. O Concello de Foz convenia coa Deputación de Lugo a renovación de ventás e o pintado da Casa do Concello e do CENIMA, así como a instalación de paneis informativo... Ler máis
Ribadeo, 4 de setembro de 2026. A Área de Igualdade do Concello de Ribadeo, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), continuará coa instalación do Punto Violeta nas festas patron... Ler máis
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, acompañou aos usuarios e representantes da entidade nesta cita Mondoñedo, 4 de setembro de 2026. O director xeral de Mai... Ler máis
Xove, 4 de setembro, 2026. O Concello vén de finalizar os traballos de rehabilitación e mellora da pista polideportiva do parque de Xove, unha intervención necesaria debido ao desgaste provo... Ler máis
Burela, 4 de setembro, 2026. Cepesca, Europeche e OPP Burela organizan o vindeiro mércores 9 de setembro un evento na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo para presentar os resultados do... Ler máis
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, destaca que os obradoiros duais permiten promover obras e servizos nos concellos, ao tempo que fomentan o emprego a nivel local Viveiro , 4... Ler máis
Cervo, 4 de setembro, 2026. O Concello de Cervo foi distinguido esta mañá co Diploma de Ouro do programa Praias sen Fume, unha iniciativa da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería d... Ler máis
A posta en marcha do centro permitirá crear 15 empregos directos no municipio e garantir que os maiores poidan permanecer no seu entorno sen ter que desprazarse Riotorto, 4 de setembro de 20... Ler máis


















Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



