A Mariña, 23 de outubro de 2025. Desde agora A Mariña está un pouco máis unida a Bilbao. Este mércores, 22 de outubro, a cidade vasca acolleu o acto de presentación do destino A Mariña, un e... Ler máis
Os deputados e deputadas con responsabilidades en Medio Rural do Parlamento e da Deputación participaron na xornada de hoxe Mondoñedo, venres 17 de outubro. Unha ampla representación do BNG... Ler máis
A Mariña, 1 de outubro de 2025. O Valadouro acolleu hoxe o I Foro Turismo e Sostibilidade A Mariña Lucense, un punto de encontro no que se debateu sobre o papel do turismo na sociedade actua... Ler máis
A Mariña, 29 de setembro de 2025. A Mariña será o vindeiro 1 de outubro o punto de encontro do debate sobre o turismo e a sostibilidade, un evento impulsado pola Mancomunidade de Concellos d... Ler máis
A Mariña, 24 de setembro de 2025. A xestión turística sostible nos territorios será o eixe central do I Foro Turismo e Sostibilidade que terá lugar o vindeiro mércores, 1 de outubro, na Mari... Ler máis
A Mariña, 15 de setembro de 2025. O salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro acollerá o vindeiro 1 de outubro o I Foro Turismo e Sostibilidade A Mariña Lucense, cuxo obxectivo é conver... Ler máis
A Mariña, 13 de agosto de 2025. Desde hoxe xa é posible inscribirse en calquera das 25 actividades que se desenvolverán na Mariña lucense entre o 25 de agosto e o 12 de outubro dentro dos co... Ler máis



















A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



