O Boletín Oficial da Provincial publicou hoxe a convocatoria, cun orzamento total de 660.000 euros Lugo, 12 de marzo de 2026. O Boletín Oficial da Provincia publicou hoxe -12 de marzo – a co... Ler máis
Burela, 7 de marzo, 2026 O derbi galego en Vista Alegre comezou cun ritmo alto e ocasións rápidas. Judith dispuxo da primeira chegada perigosa cun disparo que saíu rozando o pau tras un pase... Ler máis
Burela, 7 de marzo, 2026. O encontro comezou cun Burela moi ofensivo e intenso. No minuto 7, Bingyoba probou a porta cun disparo que Álvaro desviou a banda. No 9, unha falta perigosa executa... Ler máis
Ribadeo, 6 de marzo de 2026. A X Gala do Deporte do Concello de Ribadeo, que terá lugar o 18 de marzo, contará coa presenza da atleta galega Julia Vaquero. O evento, que dará comezo ás 20:30... Ler máis
Trabada, 5 de marzo de 2026. O alcalde de Trabada, Rubén García, recibiu na mañá de hoxe no Concello a dous veciños e unha veciña do municipio que se proclamaron campións galegos da Liga Hob... Ler máis
Riotorto, 4 de marzo de 2026. O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou esta mañá na presentación do IV Trail dos Muíños de Riotorto que se celebrará o 23 de maio. A Vic... Ler máis
Burela, 3 de marzo, 2026. O Poio comezou o encontro con intensidade, acumulando ocasións nos primeiros minutos. No 3’, Ana Eliza realizou un paradón nun disparo de Chuli á escuadra, enviando... Ler máis
Vegadeo, 26 de febreiro de 2026. Vegadeo volverá ser protagonista no panorama deportivo rexional coa celebración da Volta a Asturias 2026, que incluirá unha etapa con chegada ao concello. A... Ler máis
Ribadeo, 25 de febreiro de 2026. O gran mestre Liming Yue impartirá un curso de Tai Chi en Ribadeo os días 27 e 28 de xuño. Está organizado por Chen Style Tai Chi Center, de Gijón, coa colab... Ler máis
Cervo, 24 de febreiro do 2026. O Concello de Cervo acolleu esta pasada fin de semana o Campionato Galego Infantil de Natación de Inverno, unha cita deportiva de primeiro nivel que reuniu a c... Ler máis
Ribadeo, 23 de febreiro de 2026. Ribadeo acollerá do 22 ao 27 de xuño unha nova edición do Campus de Tecnificación de Baloncesto The Basket Dream destinado a rapazas e rapaces de 6 a 18 anos... Ler máis
Burela, 22 de febreiro, 2026. O partido comezou cun ritmo altísimo e co Móstoles buscando porta desde o primeiro instante. No minuto 2 chegou o primeiro aviso: disparo de Cris Blanco que se... Ler máis
Burela, 21 de febreiro, 2026. O partido arrincou cun ritmo altísimo, con dous equipos moi igualados e decididos a buscar o primeiro tanto desde o minuto inicial. O conxunto local pediu tempo... Ler máis
Foz, 20 de febreiro de 2026. O Real Sporting de Gijón presentou esta semana en Foz as Xornadas de Tecnificación, un campus intensivo de fútbol que se levará a cabo os días 30, 31 de marzo e... Ler máis
Burela, 10 de febreiro de 2026. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, confirmou ao presidente do Burela Fútbol Sala, José Luis Sáez, que o Goberno galego “seguirá apoiando a... Ler máis
A alcaldesa, Marta Rouco, participa na presentación oficial da quinta edición da volta ciclista profesional a Galicia, que chegará a Vilalba o vindeiro 15 de abril Vilalba, 7 de febreiro, 20... Ler máis
O Concello e a Federación Galega de Fútbol subliñan a vontade de manter e reforzar esta liña de cooperación Burela, 7 de febreiro de 2026. A Casa do Concello de Burela acolleu a presentación... Ler máis
Partido parello no que as mariñás contaron puntuar durante 38 minutos do encontro Burela, 7 de febreiro, 2026. A primeira ocasión clara é para o equipo visitante no minuto 4: nunha contra rá... Ler máis
Os burelenses logran tres puntos moi importantes para alonxarse dos postos de descenso e manter a categoría Burela, 7 de febreiro, 2026. Arrinca ben o Reyco Burela anotando o 1-0 no minuto 3... Ler máis
Viveiro, 9 de febreiro, 2026. O pasado sábado 7 de febreiro celebrouse en Celeiro unha destacada xornada de remo que reuniu máis de 90 bateis procedentes de toda a zona norte de Galicia e de... Ler máis
Burela, 29 de xaneiro, 2026. Lautaro El Daher (Buenos Aires, Arxentina, 16/11/1998) chegará esta noite a Burela para cubrir a baixa de João Silva no que resta de tempada. Xunto a Torero comp... Ler máis
Burela, 29 de xaneiro, 2026. João Miguel Santos Rodrigues da Silva (Santarém, 19-06-1992), coñecido deportivamente como João Silva, porteiro do Reyco Burela xunto a Starna durante a primeira... Ler máis
O Deputado de Promoción Económica e Social participou este luns xunto ao Alcalde do municipio na presentación deste evento de montaña, que estrea por primeira vez a categoría Ultra cunha dis... Ler máis
As mariñás non logran puntuar en Barcelona nun partido dominado de principio a fin polas locais Burela, 24 de xaneiro, 2026. Partido importante para as de Belén Feal, que necesitan puntuar a... Ler máis
Os burelenses competiron os 40 minutos nun partido igualado, con ocasións e moi boa primeira parte de os mariñáns Burela, 23 de xaneiro, 2026. Primeiro partido da segunda volta na 2ª Divisió... Ler máis
O club burelense conta cunha achega de 152.000 euros para os gastos de tempada Lugo, 23 de xaneiro de 2026. Unha representación do Reyco Burela FS formada polo presidente José Luis Sáez e as... Ler máis
O porteiro de 25 anos provinte do LugoSala incórporase libre, sen cláusula, á disciplina burelista Burela, 20 de xaneiro. Adrián García Blanco, Torero (Burgos, 28/12/2000) xa adestra co equi... Ler máis
A cita, que reunirá a competidores de distintas partes de Galicia, está organizada polo Departamento de Nihon Tai-jitsu da Federación Galega de Kárate, coa colaboración da administración loc... Ler máis




Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



