Durante uns vinte anos o Partido Popular ten empregado recursos económicos e administrativos da Xunta de Galicia para facer dano, de forma consciente e desleal, ao Concello de Viveiro. Promo... Ler máis
A política municipal de calidade recoñécese pola súa capacidade de dar continuidade aos proxectos que funcionan e por saber interpretar as necesidades reais da veciñanza. En Ribadeo, o fútbo... Ler máis
O que acontece con Alcoa en San Ciprián é a evidencia dun Goberno, o que preside o socialista Pedro Sánchez, que incumpre, chega tarde e non está á altura dunha industria estratéxica e dos s... Ler máis
Este maio de 2026 ficará gravado nos anais da historia británica como o intre no que as costuras dun Estado unitario e esgotado rillaron definitivamente pola periferia. Os resultados en Gale... Ler máis
Hace unos días recogía en Toledo el Premio Nacional de Comercio Interior en nombre de ACISA Ribadeo, un reconocimiento concedido, entre otras cuestiones, por el desarrollo de la unidad geren... Ler máis
Vivimos tempos onde prolifera a mentira e abunda a confusión froito, en gran medida da vontade dunhas elites económicas insaciables no seu afán depredador. Elites que decidiron rachar hai te... Ler máis
Vivimos nun mundo de siglas. Neste caso, ZAC é o acrónimo de Zona Acusticamente Contaminada. E o título ven á petición de chamar así a un lugar no que moitos días ó ano á unha da noite -poña... Ler máis
Cada 1 de maio o movemento obreiro celebra a súa Festa do Traballo, lembrando os feitos de Chicago de 1886, cando varios traballadores perderon a vida reivindicando unha xornada laboral dign... Ler máis
Na vindeira quinta, 7-M, a nación galesa non só celebra unhas eleccións ao seu Parlamento (Senedd), senón que se vai someter a un test existencial nun contexto de mutación institucional sen... Ler máis
Como unha das xustificacións que alegaron os grupos políticos defensores da moción de censura no Concello de Viveiro, estaba o impulso da variante. Para a memoria quedan as promesas do PP na... Ler máis
En tempos, coas películas de vaqueiros triunfando nas pantallas, o da ‘pistola mais rápida do oeste’ ou outra formulación parella eran como apoios lingüísticos, pequenas frases feitas usadas... Ler máis
O próximo día sete deste mes de maio, celebrarase no Concello de Lugo o Pleno da Moción de Censura. Unha moción presentada polo P.P. e unha tránsfuga do PSOE, co fin de desbancar ao actual g... Ler máis
Lugo vén de se converter no epicentro dunha fenda ética que transcende o local para se situar nunha dimensión sistémica. A moción de censura formalizada o 22-A non é un simple movemento de d... Ler máis
Este ano tocoulle a Galicia a honra de artellar a edición 2026 de EsLibre, Congreso de Cultura e Software Libre, desenvolta en Melide os pasados 17 de 18 de abril. En realidade, foron as aso... Ler máis
Dende que aconteceu a Transición política en España, que permitiu o paso da ditadura á democracia, vai para cincuenta anos, téñense feito moitas interpretacións encol da mesma, pero poucas v... Ler máis
Hai decisións que, sendo legais, resultan moralmente indefendibles. A moción de censura presentada no Concello de Lugo é unha delas. Non porque a ferramenta non exista —existe—, senón porque... Ler máis
Desde Por Nuestro Faro constatamos, sen sorpresa algunha, a deterioración da illa no seu conxunto, que non é senón o resultado dos continuos desencontros entre a Autoridade Portuaria e a emp... Ler máis
A presenza da chamada Audiencia Nacional (AN) no organigrama xudicial do Estado español constitúe unha das anomalías máis resistentes á plena democratización do poder xudicial. Dende unha pe... Ler máis
A finais da década pasada facíame sorrir cada pase que contemplaba dun anuncio de televisión. Consistía en amosar como un coche que non din identificado era sucesivamente golpeado e esmagado... Ler máis
Dicía o pensador de orixe grego, Cornelius Castioriadis que Europa estaba a vivir unha profunda crise das súas significacións sociais. Falamos, polo tanto, dun esgotamento de referentes, de... Ler máis
Un ano máis, chega a semana santa. Pero cada ano ten algo especial. A deste 2026 pasará á historia como a Pascual do ano xubilar franciscano, ano único na historia: pódese gañar o xubileo en... Ler máis
Unha sociedade na que a xente participa pode ser máis complexa e tamén máis complicada de xestionar, mais iso é precisamente unha indicación de que está viva. Chamoume a atención unha nova d... Ler máis
Van aló cento oitenta anos daquel abril de 1846, daquel “abril de lume e ferro” que dramatizou o noso poeta nacional Manuel María. Unha auténtica revolución democrática que xurdiu dunh... Ler máis
Dende finais da Segunda Guerra Mundial ata hoxe vanse producir unha serie de cambios xeopolíticos que irán transformando a orde mundial dunha estrutura bipolar a outra multipolar. Entre medi... Ler máis
Agora que nos envolven outros tempos caracterizados polo dinamismo, a interdependencia e Unha competencia global desaforada, a identidade cultural, ese constructo teórico que cohesiona aos p... Ler máis
Vai camiño dunha década que polo rural de Ribadeo apareceron unha serie de carteis indicadores, moitos, todos cun rótulo: ‘Camiño do encanto’. Opino que tódalas aldeas galegas, non só as de... Ler máis
O 31 de marzo último rematou a vixencia dos contratos de subministración de leite entre os produtores e as industrias lácteas. Dende o 1 de abril e até o 30 de xuño haberíanse negociar outro... Ler máis
Con fondo pesar recibimos a noticia do pasamento do noso veciño, socio e membro colaborador da AC Francisco Lanza, e sobre todo amigo, Antonio Díaz Amor, Coté. Participou de xeito activo na... Ler máis
Decía o pensador francés Alain Touraine que neste século XXI estabamos a vivir baixo os efectos dun capitalismo extremo, emancipador da política e practicamente liberado de toda regulación.... Ler máis
As resolucións da nova Presidenta da Sala do Contencioso-Admvo. do TSXG de 12 de marzo de 2026, polas que se dispón o traslado forzoso dos maxistrados Luis Villares e María Dolores López Lóp... Ler máis


















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



