Burela, 5 de xuño, 2026. A asociación cultural Xebra! celebra o seu décimo terceiro aniversario cun programa especial de actividades o venres 5 e sábado 6 de xuño. Os festexos comezarán ás 2... Ler máis
Nacera en Cangas del Narcea, en 1931, e criárase orfa en Boal. Fixérase mestra e exercera a profesión en Madrid; escollera as terras do Vicedo como lugar de descanso; e, finalmente, faleceu... Ler máis
A iniciativa está subvencionada con cargo dos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero Burela, 5 de xuño de 2026. O Concello de Burela incorporará nas festas patronais unha nov... Ler máis
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, comprobou hoxe os primeiros traballos que se abordan na rúa Febrero, que se suman aos que xa están en marcha noutro inmoble de Peña de Franc... Ler máis
Lourenzá, 5 de xuño de 2026. O Concello de Lourenzá vai realizar obras de renovación do chan da Ponte da Pedra, na entrada do casco urbano de Vilanova. As actuacións previstas comprenden a s... Ler máis
O Goberno impulsa en Foz unha solución definitiva aos problemas do litoral con dúas actuacións clave
O delegado trasladou ao alcalde que este verán licitarase a primeira fase en Arealonga, xa aprobada, cun investimento de 300.965 euros e un prazo de execución de 6 meses Foz, 5 de xuño de 20... Ler máis
O sindicato rexistrou alegacións á proposta que actualmente está en exposición pública e que considera propia dunha «estrada de baixas prestacións» que resulta «ineficaz» para a economía loc... Ler máis
Trabada, 5 de xuño de 2026. O Concello de Trabada vén de iniciar as obras de mellora do teleclub da parroquia de Vilapena, unha actuación que conta cun investimento próximo aos 35.000 euros... Ler máis
Cervo, 5 de xuño do 2026. O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun amplo programa de actividades dirixidas ao alumnado dos centros educativos do municip... Ler máis
Viveiro, 5 de xuño, 2026. No día de onte celebrouse no Concello de Viveiro a primeira reunión participativa do proceso de avaliación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo do G... Ler máis
Foz, 5 de xuño de 2026. Foz ilumina estes días a fachada da Casa do Concello en cor vermella con motivo do Día Mundial da Hemocromatose, que é este domingo, 7 de xuño. Súmase así á campaña d... Ler máis
O Concello participa cun stand propio na Feira de Festas de Interese Turístico, que se celebra no marco da Semana Verde de Galicia en Silleda Burela, 5 de xuño de 2026. O Concello de Burela... Ler máis
O Concello pon en valor os traballos de rexeneración que están en marcha e lembra a necesidade de respectar as dunas para favorecer a súa recuperación Viveiro, 5 de xuño de 2026. O Concello... Ler máis
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior. Ler máis
Ribadeo, 5 de xuño, 2026. A Feira da Ciencia de Ribadeo 2026 está a piques de celebrarse. O alumnado e profesorado do CEIP Plurilingüe Gregorio Sanz, CPR Plurilingüe Sagrado Corazón, CIFP Po... Ler máis
Ribadeo, 5 de xuño de 2026. O 7 de xuño segue o Domingueo en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa. Este vindeiro domingo Groovy Shakers acturarán no porto de Porcillán a partires das 13... Ler máis
Alfoz de Castrodouro/O Valadouro, 5 de xuño, 2026. A tradicional Festa de Santa Filomena volverá celebrarse no Cadramón o sábado 20 de xuño. A xornada está organizada pola Asociación Veciñal... Ler máis
O voceiro popular pregunta a Carmela López se algunhas das condicións impostas por Tomé para elevala á presidencia da Deputación poderían ser pagarlle o custe dos avogados nas súas causas xu... Ler máis
Cervo, 5 de xuño, 2026. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de confirmar que o Concello de Cervo actuou conforme á legalidade no proceso de reorganización do Grupo de Emerxe... Ler máis
O mércores, 3 de xuño, houbo, na miña opinión, un importante Pleno no Concello de Viveiro, onde se debateu unha moción do BNG sobre a Vía de Alta Capacidade (VAC). Nese debate quedou claro,... Ler máis
Ribadeo, 4 de xuño de 2026. Tras o incendio sufrido na tarde de onte nas instalacións da empresa Rotugraf, a dirección quere emitir unha mensaxe de tranquilidade e, sobre todo, de agradeceme... Ler máis
Segundo o acordo de organización, as sesións ordinarias deben celebrarse o terceiro xoves dos meses impares, un calendario que a alcaldesa leva incumprindo todo o ano 2026 Lourenzá, 4 de xuñ... Ler máis
Viveiro, 4 de xuño, 2026. O Grupo Municipal Socialista votou en contra da modificación da ordenanza municipal aprobada polo goberno do Partido Popular, co apoio de Por Viveiro, que permitirá... Ler máis
Ribadeo, 4 de xuño de 2026. O Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo acolleu esta tarde a entrega dos premios aos gañadores do Ribadeo Sabe 2026. A tapa de Kalpa Amodiño foi a elixida par... Ler máis
A Mariña, 4 de xuño de 2025. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense está presente na feira de turismo TUREXPO Salón Turístico de Galicia 2026, que se celebra desde hoxe e ata o vinde... Ler máis
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade... Ler máis
Cervo, 4 de xuño do 2026. A Piscina Municipal de Lieiro converterase esta fin de semana no epicentro do wáter-polo galego coa celebración do Campionato Galego Alevín-Benxamín Mixto de Verán,... Ler máis
A formación desenvolverase ata o 19 de xuño no Centro de Formación Ocupacional e xa se está coordinando coas persoas inscritas o inicio do curso de idioma Burela, 4 de xuño de 2026. Hoxe deu... Ler máis
















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



