Xove, 22 de maio, 2026. Na colisión resultaron feridas dúas persoas, unha delas é membro do equipo municipal de vixilancia e da agrupación de voluntarios de Protección Civil de Xove. En tota... Ler máis
As persoas participantes poderán colaborar en actividades como Cervo Concilia, Noites Alternativas, a Biblioteca, a Maruxaina ou a representación teatral da Queimada –estas dúas últimas como... Ler máis
Ribadeo, 21 de maio, 2026. A segunda edición de Ribadeo en Marcha Contra o Cancro terá lugar o sábado, 13 de xuño, ás 11:00 horas, cun percorrido que partirá do Parque de San Francisco. Trát... Ler máis
O delegado territorial salienta o compromiso do Goberno galego para garantir as condicións de comodidade e seguridade da comunidade educativa no centro Lugo, 21 de maio de 2026. O delegado t... Ler máis
O Vicedo, 21 de maio, 2026. O Grupo Municipal Socialista de O Vicedo presentará no Pleno do mércores 27 de maio unha moción para solicitar a elaboración dun Plan de Mobilidade e Reubicación... Ler máis
Ribadeo, 21 de maio de 2026. Oitenta e oito equipos de 8 países daranse cita os días 23 e 24 de maio no XX Torneo Internacional Vila de Ribadeo de Fútbol Veteranos. Son 66 equipos con xogado... Ler máis
Os concelleiros do PP pregúntanse “se esta é a RPT que merecen todos os traballadores e traballadoras do Concello ou é a que máis lle convén ao actual equipo de goberno” Burela, 21 de maio d... Ler máis
Foz, 21 de maio de 2026. En outubro do pasado ano 2025 o profesor Pepe Otero presentaba na Casa da Cultura de Foz o seu último libro, Un paseo polo labirinto, acompañado polo ex director da... Ler máis
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, participa no quince aniversario deste recurso Cospeito, 21 de maio do 2026. O xerente do Consorcio Gale... Ler máis
Os deputados populares afirman que PSOE e BNG non poden seguir mantendo a Tomé na Deputación e na alcaldía de Monforte e “teñen a obriga de poñerse do lado do feminismo e das mulleres afecta... Ler máis
Unha das emisoras referentes é a do IES Perdouro de Burela, pois conta cunha proposta moi ambiciosa, asociada a Proxecto Neo, programa desenvolvido polo centro desde hai 15 anos, e con trans... Ler máis
Viveiro, 21 de maio, 2026. O PSOE de Viveiro valora positivamente a actuación realizada pola Xunta de Galicia no Espazo Xove coa creación das novas pistas de pickleball, unha iniciativa que... Ler máis
Burela, 21 de maio, 2026. A Fundación Expomar está presente con stand propio en Navalia, a feira internacional da industria naval que se celebra esta semana en Vigo, onde está a promocionar... Ler máis
Fai fincapé en que a Xunta mantén o seu compromiso de garantir o equilibrio e a coexistencia no medio rural de xeito que se compatibilicen a protección do lobo e a viabilidade da actividade... Ler máis
Lugo, 21 de maio de 2026. A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, recibiu na sede da Subdelegación do Goberno en Lugo, dentro das actividades organizadas con motivo da Semana da Adm... Ler máis
As xornadas levaranse a cabo entre o 1 e o 17 de xuño (incluídos), para todas as categorías con inscrición gratuíta Burela, 21 de maio, 2026. As Escolas Deportivas Burela FS abren o prazo de... Ler máis
Ribadeo, 21 de maio, 2026. Unicaja e a Asociación de Comerciantes Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) de Ribadeo formalizaron un acordo de colaboración co obxectivo de apoiar e fortale... Ler máis
A proposta saiu adiante no pleno extraordinario celebrado hoxe despois dun proceso de negociación coa representación sindical Burela, 21 de maio de 2026. O Concello de Burela aprobou inicial... Ler máis
A institución provincial vén de comezar os traballos de arranxo na LU-P-3402, que vai da Gañidora a Viveiró; e na LU-P-6502, a vía que vai de Vilalba a Chavín pola Balsa. Acondicionaranse al... Ler máis
Ribadeo, 21 de maio de 2026. Ribadeo mellora as infraestruturas no barrio de Santa Cruz e noutras parroquias do municipio. O alcalde, Dani Vega, contou que “seguimos mellorando as nosas infr... Ler máis
O espectáculo dirixido por José L. Prieto, coproducido polo Centro Dramático Galego, Ainé e o FIOT de Carballo, representarase na Casa da Cultura a través de AGADIC Burela, 21 de maio de 202... Ler máis
Ribadeo, 21 de maio de 2026. A Área de Igualdade do Concello de Ribadeo, a través do CIM, pon en marcha por segundo ano consecutivo o Concurso de Arte Mural pola Diversidade, unha iniciativa... Ler máis
Os populares urxen á alcaldesa a retomar a convocatoria normal dos plenos e explicar publicamente os motivos de non convocar as sesións de xaneiro, marzo e maio e, no caso de persistir na me... Ler máis
Mondoñedo, 21 de maio, 2026. Este sábado celebrarase en Mondoñedo, no Salón de Plenos do Concello, o acto de entrega do II Premio Álvaro Cunqueiro de Novela a Luís Rei Núñez pola súa obra El... Ler máis
A Mariña, 20 de maio de 2026. A implicación da poboación local é clave no desenvolvemento dun modelo turístico sostible no territorio. Baixo esta premisa a Mancomunidade de Concellos da Mari... Ler máis
Vilalba, 20 de maio, 2026. O vehículo no que viaxaba quedou semienvorcado sobre un valado. Circulaba pola N-541, á altura da parroquia de Noche, en Vilalba, cando se saíu da vía co seu turis... Ler máis
Trabada, 20 de maio de 2026. O Concello de Trabada pon en marcha unha nova campaña de recollida de plásticos agrícolas, un servizo que se realiza dúas veces ao ano co obxectivo de facilitar... Ler máis
















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



